Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 10 de novembro de 1999 Páx. 13.236

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica o requirimento de pagamento ó debedor que se relaciona (expediente OU-1-IV-76), devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1501 e 1091 do Código Civil, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio que a continuación se relacionan, o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que ascende á cantidade que se sinala. Fáiselles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados, e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro e no artigo 142 do Regulamento de VPO, aprobado por Decreto 2114/1968, do 24 de xullo (BOE do 7 de setembro), concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial en trámite de audiencia, para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que consideren convenientes ó seu dereito.

Advírteselles que en caso contrario se procederá a insta-la resolución dos seus contratos e á incoación do oportuno expediente de desafiuzamento co conseguinte lanzamento da vivenda, co obxecto de lla adxudicar posteriormente a un novo beneficiario.

Ourense, 5 de outubro de 1999.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

ANEXO

-Mª Jesús Sarmiento González

Expediente: OR-1-IV/76

Conta nº 35

Último enderezo coñecido: Vasco da Ponte, nº 13, portal 5, bloque I, 4º I.

32004 Ourense.

Importe da débeda: 287.614 ptas.