Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 10 de novembro de 1999 Páx. 13.226

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1999 pola que se declara a utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico denominado Paxareiras II-F. (Expediente IN661A 96/3-1).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Eurovento, S.L. (unipersoal), con domicilio para efectos de notificacións en Galeras 17, 3º, 15705 Santiago de Compostela (A Coruña), sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Paxareiras II-F, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 12 de febreiro de 1999, a Dirección Xeral de Industria resolveu autoriza-las instalacións electromecánicas e aproba-lo proxecto de execución do parque eólico Paxareiras II-F; resolución que se publicou no DOG do 16 de marzo de 1999.

Segundo.-Con data do 9 de decembro de 1998, Eurovento, S.L. (unipersoal), presenta solicitude de declaración de utilidade pública do proxecto de refe

rencia, ó abeiro da disposición adicional 3ª da Lei 2/1998, do 8 de abril, de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función pública, patrimonio, organización e extensión.

Terceiro.-O proxecto, coas características fundamentais da instalación e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados, someteuse a información pública por Resolución do 18 de xaneiro de 1999, para os efectos previstos no Decreto 2619/1996, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas e artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico. A citada resolución publicouse no xornal El Ideal Gallego do 27 de xaneiro de 1999, DOG do 28 de febreiro de 1999 e BOP da Coruña do 1 de febrero; foi exposta ó público no Concello de Mazaricos e deuse coñecemento ós afectados mediante a oportuna notificación individual.

Cuarto.-Terminado o prazo de información pública notificóuselle á empresa a alegación recibida, que solicitaba a modificación do trazado da liña pois inutilizaba dous predios.

Quinto.-O 23 de abril de 1999, o promotor presentou un escrito xunto cunha separata complementaria na que se relacionaban una serie de novos titulares, que apareceran sobre parte do predio nº 1 como consecuencia dunha sentencia do Xulgado de Primeira Instancia número catro da Coruña, en autos de menor contía nº 236/1996 e sobre os que se abriu o preceptivo trámite de información pública (ampliación), mediante Resolución do 1 de xuño de 1999 da Delegación provincial da Coruña.

Sexto.-Os titulares de parte do predio nº 1: herdeiros de Balbina Lado Rodríguez, herdeiros de Santiago Estalote Diz e outros alegan a esta nova información pública, solicitando que a valoración que se realice dos bens e dereitos presente o seu xusto e axeitado valor, sobre todo tendo en conta que moitos predios quedarán divididos.

A dita alegación remitiuse ó promotor e contestouse dentro do prazo regulamentario.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 212/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación coa Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-A alegación á primeira información pública é improcedente dado que os mencionados predios non están incluídos neste proxecto, senón que pertencen á construcción da LAT de 220 kV de Unión Fenosa.

A alegación á segunda información pública desestímase por non opoñerse nin no fondo nin na forma á dita declaración e a necesidade de ocupación que leva consigo implícita, senón que se refire ós criterios de valoración que deberán ser tidos en conta durante o trámite posterior de fixación de prezo xusto.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

Declara-la utilidade pública en concreto das instalacións do parque eólico Paxareiras II-F, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer, se é o caso, recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contados a partir da citada data.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 1999.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio