Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 10 de novembro de 1999 Páx. 13.225

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o outorgamento do permiso de investigación de nova ampliación a Cerámica de Campaña 2659.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que con data do 28 de xuño de 1999 se outorgou o permiso de investigación de nova ampliación a Cerámica de Campaña 2659, de 15 cuadrículas mineiras para recursos de arxila e caolín, que se sitúa no termo municipal de Valga, da provincia de Pontevedra.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 15 de outubro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra