Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 10 de novembro de 1999 Páx. 13.224

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza administrativamente, se declara de utilidade pública e se aproba o proxecto de execución da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 220 kV de dobre circuíto da subestación transformadora do parque eólico-liña eléctrica de Santo Estevo/Trives 1, no termo municipal de Nogueira de Ramuín (Ourense). (Expediente IN 661A 98/1-3 A.T.).

Examinado o expediente instruído a pedimento da empresa Iberdrola Diversificación, S.A. (antes Unión Iberoamericana de Promociones Industriales y Comerciales, S.A. -UIPCSA- con escritura pública de cambio de denominación social outorgada o 31 de xullo de 1998 perante o notario de Madrid Rafael Ruíz Gallardón e inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid no tomo 9.376, libro 0, folio 83, folla M-4674, inscrición 68ª) con enderezo para efectos de notificación en: r/ Ipaguirre nº 6-12 de Bilbao, resultan os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Coa data do 15 de decembro de 1998, a citada empresa solicita a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 220 kV desde a liña eléctrica Santo Estevo-Trives 1 no apoio nº 15 ata a subestación do parque eólico do Sil, discorrendo polo termo municipal de Nogueira de Ramuín (Ourense); xúntanse o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 8 e 12 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina o artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

-Liña de alta tensión a 220 kV, con orixe no apoio nº 15 da liña eléctrica Santo Estevo-Trives 1 e final no pórtico da subestación do parque eólico do Sil cunha lonxitude de 2541 m, en dobre circuíto de conductor AL-Ac tipo raíl de 29,59 mm de diámetro, en apoios metálicos.

-Sistemas de control e supervisión.

Segundo.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense someteu o citado proxecto de instalacións, xunto coa relación de bens e dereitos afectados, a trámite de información pública, mediante Resolución do 2 de febreiro de 1999, publicada no DOG do 3 de marzo, BOP de Ourense do 22 de marzo, diario La Región do 10 de febreiro, nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados e no da delegación provincial; asemade na forma regulamentaria notificóuselle individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras ou

servicios, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, se é o caso, establecesen o condicionado procedente.

Terceiro.-Durante o período en que se someteu a trámite de información pública, non se formularon alegacións.

Cuarto.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial de Ourense, comprobándose mediante inspección sobre o terreo seguindo o trazado proposto para a instalación desta liña, que nos bens afectados sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da servidume de paso, non se dan as prohibicións previstas no artigo 25 nin conxuntamente as limitacións do artigo 26 do Decreto 2617/1966.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 21 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-la instalación da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 220 kV desde a liña eléctrica Santo Estevo-Trives 1 no apoio nº 15 ata a subestación do parque eólico do Sil, discorrendo polo termo municipal de Nogueira de Ramuín (Ourense).

Segundo.-Declara-la utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Terceiro.-Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de

alzada, perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria