Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 10 de novembro de 1999 Páx. 13.222

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 94/117).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171. 15000-A Coruña.

Denominación: modificación I á L.M.T. subestación Mera-As Somazas-Polígono.

Situación: Ortigueira y As Somozas.

Descricións técnicas:

Ref. L.M.T. aérea a 20 kV D.C. de 1,887 km que parte subestación Mera en LA-110 e LA-180 e final no apoio 19 da dita liña.

Ref. de D.C. de 2,35 km en LA-110 e LAC-80 desde apoio 19 ó 45.

L.M.T. a 20 kV de 525 m en LA-180 que parte do apoio nº 45 da L.M.T. anterior e enlaza coa L.M.T. Barqueira Vella-Mera de Arriba (expediente 7109).

Ref. da L.M.T. a 20 kV de 939 m en LA-180, que parte C.T. As Somozas e final no apoio nº 7 da dita liña.

Ref. da L.M.T. anterior entre apoios nº 12 e 14 de 293 m en LA-56. Ortigueira e As Somozas.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

A Coruña, 6 de outubro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña