Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Polirros, S.L.
Domicilio social: O Barrio Novo, 19, 36770 O Rosal.
Denominación: L.M.T. e C.T. Campo dos Seixos-Cortiñas Novas-Eiras.
Situación: O Rosal.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 124 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde o apoio 3 da L.M.T. a Bodegas As Eiras, continuando 20 m en subterránea, con conductor tipo R.H.V. ata o C.T. que se proxecta nas Eiras, concello do Rosal. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kVA-380/220 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente o seu dereito.
Pontevedra, 6 de outubro de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra