Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 10 de novembro de 1999 Páx. 13.221

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/243-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T.A., R.B.T. A Agrela-Arroio-Castenda.

Situación: Ordes.

Características técnicas: liñas eléctricas aéreas de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 515 m de lonxitude, con orixe na liña Ordes-Leobalde e final no C.T. da Agrela, a instalar, de 391 m de lonxitude, con orixe na liña a Ordes e final no C.T. de Liste, existente. Centro de transformación aéreo de 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV na Agrela. Liñas aéreas de baixa tensión sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 1.552 m de lonxitude con orixe no C.T. de Castenda e discorrendo polo lugar de Castenda de 987 m de lonxitude, con orixe no C.T. A Agrela e discorrendo polo lugar da Agrela. Ordes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 5 de outubro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña