Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 10 de novembro de 1999 Páx. 13.186

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de outubro de 1999 pola que se modifica a autorización definitiva ó centro privado Santa Apolonia de Santiago de Compostela (A Coruña), por implantación de novos ciclos formativos.

Examinado o expediente presentado polo centro privado Santa Apolonia de Santiago de Compostela (A Coruña), polo que solicita autorización para poder imparti-los ciclos formativos de grao superior Administración de Sistemas Informáticos e Saúde Ambiental.

Vista a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo; Real decreto 1004/1991 (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio), polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; Real decreto 1660/1994 (BOE do 30 de setembro), polo que se establece o título de técnico superior en administración de sistemas informáticos; Real decreto 540/1995 (BOE do 10 de xullo), polo que se establece o título de técnico superior en saúde ambiental, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros privados e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), que desenvolve o dito decreto.

Tendo en conta o informe favorable da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado Santa Apolonia de Santiago de Compostela para impartir:

-Un ciclo formativo de grao superior administración de sistemas informáticos, da familia profesional de informática.

-Un ciclo formativo de grao superior de saúde ambiental, da familia profesional de sanidade.

Estes ciclos formativos deberanse desenvolver en sesión de tarde-noite, tendo en conta que as instalacións de dito centro non reúnen os requisitos para a presencia simultánea da titularidade do alumnado das ensinanzas que se imparten xunto coas que por esta orde se autorizan.

Segundo.-A Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección educativa, aprobará expresamente a relación persoal que impartirá docencia no dito centro.

Terceiro.-O centro deberá cumpri-la norma básica da edificacion NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada polo Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Quinto.-Contra a presente disposición, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Santiago de Compostela.

Localidade: Santiago de Compostela.

Enderezo: A Rocha, Poza Real, 5.

Denominación: Santa Apolonia.

Código do centro: 15025116.

Titular: Mª del Rosario Medina Gómez.

Composición resultante:-Centro de educación infantil: 3 unidades.-Centro de educación primaria: 6 unidades.-Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.-Centro de formación profesional específica:

Familia profesional de actividades físicas e deportivas:-Un ciclo formativo de grao medio de conducción de actividades físico-deportivas no medio natural: 1 unidade para 30 alumnos.-Un ciclo formativo de grao superior de animación de actividades físicas e deportivas: 2 unidades para 30 alumnos/unidade.

Familia profesional de sanidade:-Un ciclo formativo de grao medio de coidados auxiliares de enfermería: 1 unidade para 30 alumnos.-Un ciclo formativo de grao superior de documentación sanitaria: 1 unidade para 30 alumnos.-Un ciclo formativo de grao superior de hixiene bucodental: 1 unidade para 30 alumnos.

Formación profesional de segundo grao da rama sanitaria:-2 unidades da especialidade: protésico dental.-2 unidades da especialidade: dietética e nutrición.

Quenda de tarde-noite:

Familia profesional de sanidade:-Un ciclo formativo de grao superior de saúde ambiental: 2 unidades para 30 alumnos/unidade.

Familia profesional de informática:-Un ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos: 2 unidades para 30 alumnos/unidade.