Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 09 de novembro de 1999 Páx. 13.172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (96/1998).

Anúnciase que a Comisión de Goberno, en sesión oridnaria realizada o día 8 de xullo de 1999 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente a pedimento de Antonio Baceiredo Fernández, en representación de Promotora San Paulo Ourense, S.L. o proxecto de urbanización exterior na Avda. de Santiago nº 156 e rúa Monte Medulio do PXOU de Ourense, logo de constitución de garantías polo importe de 2.256.427 pesetas (dous millóns duascentas cincuenta e seis mil catrocentas vintesete pesetas) co obxecto de asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación, e de 12.400.427 pesetas (doce millóns catrocentas mil catrocentas vintesete pesetas) co obxecto de garanti-lo enlace da urbanización prevista cos servicios urbanístiscos xa instalados (restos da semivía da rúa Monte Medulio, ata o seu entronque co Camiño Real de Cudeiro), incluíndo as expropiacións previstas para iso segundo o proxecto de urbanización da rúa Monte Medulio aprobado por este concello.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

Ourense, 27 de setembro de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente