Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 09 de novembro de 1999 Páx. 13.172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1999 pola que se anuncia concurso público aberto urxente para a contratación da subministración e instalación de rotulación nas novas instalacións do Igape.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación da subministración e instalación de rotulación nas novas instalacións do Igape.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), barrio de San Lázaro s/n. 15703 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 11 01, fax: 981 54 11 20.

b) Número de expediente: CP nº 27/99.

2. Obxecto do contrato: subministración e instalación de rotulación nas novas instalacións do Igape.

Prazo de execución: segundo oferta técnica, que non excederá en ningún caso dun mes desde a notificación da adxudicación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 4.000.000 de ptas. (catro millóns de pesetas), IVE incluído.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: barrio de San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 54 11 20.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou domingo, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado presentaranse no Rexistro Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano

de contratación a remisión da oferta mediante telex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco días desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas: en acto público ás 10 horas do segundo día hábil seguinte ó do termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público ás 10 horas do oitavo día hábil seguinte ó do termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas económicas, na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

9. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 1999.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica