Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 09 de novembro de 1999 Páx. 13.173

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (31/1999).

Anúnciase que a Comisión de Goberno, en sesión ordinaria realizada o día 24 de xuño de 1999 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar definitivamente, por instancia de Emilia Pérez López, o proxecto de urbanización parcial da rúa Río Deva, do PXOU de Ourense, logo de constitución de garantía polo importe de 2.294.860 ptas., dous millóns duascentas noventa e catro mil oitocentas sesenta pesetas, para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo dos da edificación e de 742.000 ptas., setecentas corenta e dúas mil pesetas, co obxecto de garanti-lo pagamento do prezo xusto da expropiación ou da cantidade que se alcance de mutuo acuerdo dos terreos necesarios para executar parte das obras previstas, enlazando cos servicios urbanísticos xa instalados.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

Ourense, 1 de outubro de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente