Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido,
Fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 102/1999-10, por instancia de José Manuel Quintáns Bautis e legal representante da Joyería Alfonso, contra José Ángel Castaño Tubío, e nas súas actuacións se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:
«Sentencia.
En nome de El-Rei.
En Santiago de Compostela o 7 de outubro de 1999.
Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade, dictou esta resolución no xuízo de faltas seguido ante este xulgado coa referencia número 102/1999-10, no que actuaron como partes, como denunciantes Joyería Alfonso e José Manuel Quintáns Bautis e como denunciado José Ángel Castaño Tubío.
Foi parte o Ministerio Fiscal.
Decido que debo absolver e absolvo a José Ángel Castaño Tubío da falta que se lle imputaba, con declaración de oficio das custas procesuais.
Contra esta sentencia os interesados poderán interpor recurso de apelación para ante a audiencia provincial, no prazo de 5 días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal no que se basee a impugnación, e fixarase domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción das normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas, expresaranse as razóns da indefensión.
Así mesmo, deberá acreditarse terse pedido a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, salvo no caso de que se cometesen en momento en que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización, o recorrente poderá pedi-la práctica de probas que non puido propor en primeira instancia, das probas propostas que lle foron indebidamente denegadas, sempre que formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expondo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.
Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».
Lévese testemuño literal ós autos da súa razón, quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.
E para que conste e lle sirva de notificación a José Ángel Castaño Tubío, expido e asino en Santiago de Compostela o dezanove de outubro de mil novecentos noventa e nove.
Rubricado