Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 09 de novembro de 1999 Páx. 13.157

II.1.1.1: 2,360. II.1.1.3: 0,5.

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 1999 pola que se modifica a composición do tribunal cualificador das probas selectivas para cubrir 9 prazas de telefonista do grupo V, vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade.

En relación coa convocatoria de probas selectivas para cubrir 9 prazas de telefonista do grupo V do cadro de persoal laboral desta universidade, publicada no Diario Oficial de Galicia, do 27 de setembro de 1999 nº 187.

O rector, en uso das competencias que lle están atribuídas polo artigo 18 da Lei 11/1983, de reforma universitaria, en relación co artigo 3 e), así como nos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, resolve:

Modifica-la composición do tribunal que figura na convocatoria, nomeando os seguintes:

José Luis Veiga Goy, grupo III do cadro de persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela como vocal titular en substitución de Miguel A. Martínez González.

Antonio de Padua Pérez Casas, grupo I do cadro de persoal laboral da Universidade de Santiago de

Compostela como vocal suplente en substitución de Ana María Goy López.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade cos artigos 46 e 10.1º a) da Lei de xurisdicción contencioso-administrativa, aprobada por Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Non obstante, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o dictou. Neste caso non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ó abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 1999.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela