Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 09 de novembro de 1999 Páx. 13.157

II.1.1.1: 2,360. II.1.1.3: 0,5.

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1999 pola que se aproban as listas provisionais de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión das prazas de auxiliares de servicios convocadas por Resolución do 27 de xullo de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 2 de setembro).

Expirado o prazo de presentación de solicitudes, este rectorado, en cumprimento do previsto na base 4.1º da Resolución do 27 de xullo de 1999 (DOG do 2 de setembro), pola que se convocan probas selectivas para a provisión de 31 prazas de axuliares de servicios vacantes nesta universidade, resolve aproba-la lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos que figura exposta no taboleiro de anuncios do Rectorado (rúa Maestranza, s/n) e no Vicerrectorado do Campus de Ferrol (rúa Dr. Vázquez Cabrera, s/n).

De acordo co previsto no segundo parágrafo da citada base, os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, para emenda-los defectos que motivasen a súa exclusión.

A Coruña, 20 de outubro de 1999.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña