Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 09 de novembro de 1999 Páx. 13.120

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 19 de outubro de 1999 pola que se autoriza o cambio de denominación do colexio de educación infantil e primaria Enrique Rodríguez Márquez de Gondomar (Pontevedra).

Tendo en conta o artigo 8 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento

orgánico das escolas de educación infantil, colexios de educación primaria e colexios de educación infantil e primaria (DOG do 21 de outubro), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Gondomar.

Localidade: Gondomar.

Código do centro: 36003662.

Denominación: colexio de educación infantil e primaria Enrique Rodríguez Márquez.

Nova denominación: colexio de educación infantil e primaria Chano Piñeiro.