Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 09 de novembro de 1999 Páx. 13.121

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 21 de outubro de 1999 pola que se constitúen os colexios rurais agrupados de Ponteareas e A Lagoa (Salvaterra de Miño) da provincia de Pontevedra.

Examinados os expedientes sobre a constitución dos colexios rurais agrupados de Ponteareas e A Lagoa (Salvaterra de Miño), tramitados pola Delegación Provincial de Pontevedra.

Visto o Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), polo que se aproba o Regulamento das escolas de infantil e dos colexios de primaria, e a Orde do 22 de xullo de 1997 (DOG do 2 de setembro), que desenvolve o dito decreto.

Esta consellería, en virtude do establecido no artigo 6.3º do referido Decreto 374/1996, e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Constituí-los colexios rurais agrupados de Ponteareas (Pontevedra) e A Lagoa (Salvaterra de Miño).

Segundo.-Integrar no colexio rural agrupado de Ponteareas os colexios e escolas que se suprimen como tales de: Areas (código 36014490), Ganade (código 36007266), Cristiñade (código 36016425), Guillade (código 36015524), A Feira (Moreira, código 36016449), Xinzo (código 36014507), Parada (código 36016437).

Terceiro.-Integrar no colexio rural agrupado A Lagoa os colexios e escolas que se suprimen como tales de: A Vesada (código 36015561), Alxén (código 36016966), Arantei (código 36017326), Cabreira (código 36017338), A Feira-Corzáns (código 36019712), Fornelos (código 36019141), Lira (código 36014741), Meder (código 36020428), José González y González (Oleiros, código 36017341), Pesqueiras (código 36017351).

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Ponteareas.

Localidade: Ponteareas.

Enderezo: A Ascensión número 12-Fontenla.

Centro: Colexio Rural Agrupado de Ponteareas.

Código do centro: 36024069.

Zona educativa: Ponteareas.

Unidades

Educación infantilEducación primariaTotal

617

LocalidadePostos de traballo

EIEP

Areas1-
Ganade (Areas)-1
Cristiñade1-
Guillade1-
A Feira (Moreira)1-
A Portela1-
Parada (Xinzo)1-

Educación física1
Pedagoxía terapéutica1

Total postos9

Provincia: Pontevedra.

Concello: Salvaterra de Miño.

Localidade: Salvaterra de Miño.

Enderezo: estrada do Porriño nº 38.

Centro: Colexio Rural Agrupado A Lagoa.

Código do centro: 36024070.

Zona educativa: Salvaterra de Miño.

Unidades

Educación infantilEducación primariaTotal

10111

LocalidadePostos de traballo

EIEP

A Vesada (Alxén)11
Arantei1-
Cabreira1-

LocalidadePostos de traballo

A Feira (Corzáns)1-
Fornelos2-
Lira1-
Meder1-
Oleiros1-
Pesqueiras1-

Educación física1
Educación musical1
Audición e linguaxe1

Total postos14