Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 09 de novembro de 1999 Páx. 13.120

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 18 de outubro de 1999 pola que se autoriza o cambio de denominación do colexio de educación infantil e primaria Reis Católicos de Ferrol (A Coruña) e do colexio de educación infantil e primaria Igrexa-Salcedo (Pontevedra).

Tendo en conta o artigo 8 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil, colexios de educación primaria e colexios de educación infantil e primaria (DOG do 21 de outubro), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación dos centros que no anexo se relacionan.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Ferrol.

Localidade: Ferrol.

Código do centro: 15006663.

Denominación: colexio de educación infantil e primaria Reis Católicos.

Nova denominación: colexio de educación infantil e primaria Cruceiro de Canido.

Provincia: Pontevedra.

Concello: Pontevedra.

Localidade: Salcedo.

Código do centro: 36006833.

Denominación: colexio de educación infantil e primaria Igrexa Salcedo.

Nova denominación: colexio de educación infantil e primaria San Martiño.