Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 08 de novembro de 1999 Páx. 13.111

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1999 pola que se anuncia concurso para a formación do inventario de bens e investigación de propiedades provinciais.

Obxecto: a formación do inventario de bens e investigación de propiedades provinciais.

Tipo de licitación: fíxase en 19.500.000 ptas., IVE incluído.

Fianzas: a provisional do 2% do tipo de licitación, e a definitiva do 4% de prezo de licitación.

Presentación de plicas: durante 26 días naturais, a partir do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: terá lugar no Pazo Provincial ás 12 horas do día seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de proposicións.

Información: Servicio de Contratación da Deputación. Teléfono: 986 80 41 01.

As características peculiares e a documentación para tomar parte no concurso figuran no expediente que consta no Servicio de Contratación.

Pontevedra, 28 de outubro de 1999.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado