Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 08 de novembro de 1999 Páx. 13.110

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO de licitación.

Por resolución da Alcaldía, do 6-10-1999, foi aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares que deberán rexe-la poxa, por procedemento aberto, para o alleamento da seguinte parcela: M5-3 sinalada no plano nº 7 do proxecto de compensación do Plan parcial das Brañas, cunha superficie aproximada de 876,43 m. Uso: vivenda colectiva. Aproveitamento: baixo+3 plantas+faiado: 3.381,18 m, o que se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP para que poidan presentarse reclamacións.

Así mesmo, anúnciase poxa, aínda que a licitación se aprazará cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

a) Entidade adxudicadora: Concello de Sada.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría do Concello.

1. Obxecto do contrato.

Descrición do soar: parcela M5-3 sinalada no plano nº 7 do proxecto de compensación do Plan parcial das Brañas, cunha superficie de 876,43 m. Uso: vivenda colectiva. Aproveitamento: baixo+3 plantas+faiado: 3.381,18 m.

2. Tramitación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

3. Orzamento base de licitación.

O tipo de licitación fíxase en 59.819.837 ptas. máis IVE e poderá ser mellorado á alza.

4. Garantías.

Os licitadores deberán constituír unha fianza provisional de 1.280.145 ptas., equivalente ó 2 por cen

to do valor do ben e unha definitiva equivalente ó 4 por cento do importe do remate.

5. Obtención de documentación e información.

Concello de Sada, Avda. Xeneralísimo Franco, 25, Tlf. 981 62 00 75, Fax 981 62 36 55. Data límite de obtención de documentación e información: o día anterior a finaliza-lo prazo de presentación de proposicións.

6. Presentación das ofertas.

a) Data límite: a data límite de presentación finalizará ós vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da data de publicación do anuncio no BOP.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data e a hora na que efectuou o envío e comunicarllo ó órgano de contratación mediante fax ou telegrama, dentro da data e hora establecidos como prazo de presentación. Sen a concorrencia destes dous requisitos non será admitida a proposición se se recibe con posterioridade ó prazo sinalado neste anuncio.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións presentaranse nun sobre cerrado no que figurará a inscrición: «Proposición para tomar parte na poxa por procedemento aberto para o alleamento do soar M5-3 sinalado no plano nº 7 do proxecto de compensación do Plan parcial das Brañas, convocado polo Concello de Sada».

Este sobre maior conterá dous sobres A e B pechados, coa mesma inscrición referida na alínea anterior e un subtítulo.

O sobre A subtitularase «Documentación acreditativa da personalidade e características do licitador e garantía depositada», e conterá os seguintes documentos:

-DNI ou fotocopia compulsada.

-Escritura de poder con declaración da súa suficiencia e legalizada, se é o caso, se se efectúa en representación doutra persoa.

-Escritura de constitución da sociedade mercantil inscrita no Rexistro Mercantil e nº de identificación fiscal, cando concorra unha sociedade desta natureza.

-Declaración responsable ante notario, autoridade xudicial ou administrativa de non estar incurso en prohibicións de contratar conforme o artigo 20 da Lei de CAP.

-O xustificante acreditativo da garantía provisional.

-Os que acrediten estar ó día no pagamento das obrigas tributarias e da Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes.

O sobre B subtitularase «Oferta económica», co seguinte modelo:

D/Dña..., con domicilio no municipio..., CP..., rúa..., e DNI nº... expedido en... con data do... en

nome propio (ou en representación de... como acredito por...) sabedor da convocatoria de poxa polo procedemento aberto, anunciada no BOP nº... con data... tomo parte nela comprometéndome a adquiri-lo ben... no prezo de... (letra e número)..., conforme o prego de cláusulas administrativas que acepto integramente, facendo constar que manteño a oferta durante... meses e non estou incurso en ningunha das circunstancias establecidas no artigo 20 da LCAP.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Sada.

7. Apertura de ofertas.

a) Data: o quinto día hábil contado desde a finalización do prazo de presentación de proposicións, en acto público.

8. Gastos dos anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Sada, 7 de outubro de 1999.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde