Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 08 de novembro de 1999 Páx. 13.111

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1999 pola que se anuncia concurso para a contratación da obra de acceso á escola de canteiros (Poio).

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, da referida obra por importe de 16.512.674 pesetas.

Fianzas: provisional do 2% do tipo de licitación. Definitiva do 4% do tipo de licitación.

Prazo de presentación de plicas: trece días naturais, contados a partir do seguinte ó de publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no Pazo Provincial ás 12 horas dos días hábiles seguintes ós da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación de Pontevedra. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 28 de outubro de 1999.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado