Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 08 de novembro de 1999 Páx. 13.108

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUROS

ANUNCIO de licitación do contrato do Plan especial de protección do conxunto histórico de Muros.

O Concello de Muros convoca licitación pública para adxudicar por concurso o contrato de consultoría e asistencia de elaboración do Plan especial de protección do conxunto histórico-artístico da vila de Muros.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Muros, Curro da Praza nº 1, 15250 Muros.

2. Dependencia de tramitación: Secretaría da Corporación. Teléfonos: 981 82 60 50, 981 82 63 04. Fax: 981 76 22 57.

3. Descrición do obxecto: elaboración do Plan especial de protección do conxunto histórico-artístico da vila de Muros.

4. Lugar de execución: Muros.

5. Prazo de execución: 16 meses.

6. Tramitación: ordinaria.

7. Procedemento: aberto.

8. Forma: concurso.

9. Orzamento: 23.743.650 pesetas/142.702,81 euros (IVE incluído).

10. Garantía provisional: 474.875 ptas./2.854,06 euros.

11. Clasificación do contratista: non se esixe.

12. Data límite de presentación de ofertas: vinteseis días naturais contados desde que se publique este anuncio no BOP da Coruña e no DOG.

13. Documentación esixida: cláusula 14 do prego de condicións.

14. Apertura das ofertas: Casa do Concello de Muros ás 13 horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación.

Muros, 27 de setembro de 1999.

Celestino Formoso Vidal

Alcalde