Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 08 de novembro de 1999 Páx. 13.108

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

NOTIFICACIÓN de requirimento á promotora inmobiliaria Construcciones Castelo, S.L. de Lugo.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, tramitou dilixencias previas 34/1998, seguidas en virtude de denuncias formuladas por Abel Novo Alonso, na súa calidade de presidente da comunidade de propietarios do edificio nº 266 da rúa Carrero Blanco de Lugo, contra a promotora inmobiliaria Construcciones Castelo, S.L., finalizando este trámite con requirimento á empresa constructora para que acredite a legalización da instalación de calefacción diante da Consellería de Industria, do edificio en cuestión.

As actuacións que se van realizar concrétanse na acreditación da legalización da calefacción diante da Consellería de Industria ou acreditación de telo feito. Para este fin concédeselle á empresa constructora un prazo de 10 días para remisión de proxecto e orzamento a esta delegación provincial; e un prazo de 30 días para a súa execución.

A non realización das obras nos prazos sinalados determinará a iniciación do oportuno expediente sancionador.

Lugo, 16 de setembro de 1999.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo