Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 08 de novembro de 1999 Páx. 13.107

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

NOTIFICACIÓN de requirimento á promotora inmobiliaria Cruceiro, S.A. de Lugo.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, tramitou dilixencias previas 16/1998 e 17/1998, seguidas en virtude de denuncias formuladas por Jesús Escarda Fernández e José Luis López Rodríguez, contra a promotora inmobiliaria Cruceiro, S.A., finalizando este trámite con requirimento á empresa constructora para que efectúe obras de reparación nos garaxes anexos ás vivendas dos denunciantes 5º B e 4º B respectivamente, da casa nº 32 da rúa Angelo Colocci de Lugo.

As obras de reparación que se deben realizar son as necesarias para adecua-los garaxes ás medidas de protección oficial. Para este fin concédeselle á empresa constructora un prazo de 10 días para remisión de proxecto e orzamento a esta delegación provincial; e un prazo de 30 días para a súa execución.

A non realización das obras nos prazos sinalados determinará a iniciación do oportuno expediente sancionador.

Lugo, 16 de setembro de 1999.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo