Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 08 de novembro de 1999 Páx. 13.107

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 5 de outubro de 1999, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan. (Expediente C-1-IV/78-1, conta 81 e dous máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1504, 1501 e 1091 do Código civil e a cláusula III e IV do contrato de compravenda, notifícaselles ós interesados cos datos e último domicilio coñecido (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que coiden convenientes ó seu dereito.

En caso contrario, procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedien

tes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 5 de outubro de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefe de Área Provincial da Coruña

ANEXO

José C. Rego Garate e herdeiros.

Expediente: C-1-IV/78-1 (desafiuzamento F.P. 215/1999).

Conta: 81.

Pardo Bazán, bloque 46, P-36, 2º A Esqu., polígono de Caranza (Ferrol).

Importe débeda: 2.117.661 ptas.

Arturo Fernández Prego e herdeiros.

Expediente: C-1-IV/78-1 (desafiuzamento F.P. 278/1999).

Conta: 141.

r/ Pardo Bazán, bloque 47, P-46, baixo A, polígono de Caranza (Ferrol).

Importe débeda: 954.823 ptas.

Juan José Leiros García e herdeiros.

Expediente: C-103-CD/67 (desafiuzamento F.P. 476/1999).

Conta: 191.

Avda. Castelao, bloque 39, P-1, 1º B, polígono de Caranza (Ferrol).

Importe débeda: 380.669.