Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 08 de novembro de 1999 Páx. 13.106

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 1999 pola que se someten a información pública diversas modificacións no expediente de concesión de dominio público porturario no porto de Baiona, para construcción de instalacións náutico-recreativas.

Atopándose en tramitación o expediente de outorgamento dunha concesión administrativa para construcción de instalacións náutico-recreativas no dominio público portuario do porto de Baiona, por instancia da empresa OYS Noroeste, S.L., esta sociedade, conxuntamente coa Inmobiliaria Meridional, S.A., solicitan que o expediente continúe a nome desta última empresa, considerándose esta como úni

ca interesada e solicitante da concesión, e solicitando, así mesmo, a introducción de diversas modificacións no proxeto básico das obras obxecto dela.

O que se somete a información pública, en cumprimento do disposto na Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, modificada pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito as alegacións ou solicitudes alternativas que consideren oportunas, nas oficinas centrais deste ente público, situadas na praza de Europa, 5 A-6º polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, para o que disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio, podendo examina-lo expediente neste mesmo prazo nas oficinas indicadas.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 1999.

Manuel García Blanco

Xefe da Área de Planificación e Explotación