Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 08 de novembro de 1999 Páx. 13.106

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 25 outubro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do trámite vista de expediente disciplinario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Ángel Adolfo Vicente González, funcionario da escala de axentes forestais do corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia, que por non conseguir practica-la notificación persoal, con esta data resolvín publicar notificación do trámite de vista do expediente.

O que se lle comunica, indicándolle que en cumprimento do disposto no artigo 26 do Decreto 97/1992, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de réxime disciplinario dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, se acorda dar vista do expediente, unha vez cumpridas as dilixencias previstas, para que no prazo de dez días alegue o que vexa pertinente na súa defensa e achegue cantos documentos considere de interese; indícaselle que o expediente está ó seu dispor nesta delegación provincial.

A Coruña, 25 de outubro de 1999.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Interesado: Ángel Adolfo Vicente González.

DNI: 11.715.750 X.

Último enderezo coñecido: Agro da Magdalena, 1-2º D, O Milladoiro-Ames.

Notificación do trámite vista do expediente disciplinario incoado o 17 de marzo de 1999.