Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 08 de novembro de 1999 Páx. 13.106

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución dos expedientes sancionadores na orde social 113/1998 e dous máis.

Non sendo atopado no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador, informándoos de que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poden interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndoos de que, de non ser interposto en tempo e forma, disporá dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22-5-1987.

A Coruña, 8 de outubro de 1999.

P.S. (Decreto 227/1998, do 10 de xullo)

María Silva Costoya

Secretaria provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 113/1998.

Acta: 37/1998.

Titular: Hosteline, S.L.

NIF/DNI: B-36.764.504.

Enderezo: Brasil, 54, Vigo (Pontevedra).

Materia: T.

Data resolución: 24-8-1999.

Sanción: 500.000 pesetas.

Expediente: 110/1999.

Acta: 1491/1998.

Titular: Invercon 96, S.L.

NIF/DNI: B-36.273.860.

Enderezo: r/ Costa da Tapia, Esq. r/ Estanque, Cambre (A Coruña).

Materia: S.H.

Data resolución: 16-6-1999.

Sanción: 250.100 pesetas.

Expediente: 121/1999.

Acta: 1494/1998.

Titular: Tarus Fuxeira, S.L.

NIF/DNI: B-15.571.441.

Enderezo: r/ Noriega Varela, 1-bis, Alvedro, Culleredo (A Coruña).

Materia: S.H.

Data resolución: 1-9-1999.

Sanción: 350.000 pesetas.