Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 08 de novembro de 1999 Páx. 13.108

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUROS

ANUNCIO de licitación da concesión das instalacións municipais do cámping da Vouga.

O Concello de Muros convoca licitación pública para adxudicar por concurso a concesión das instalacións muncipais do cámping da Vouga.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Muros, Curro da Praza nº 1, 15250 Muros.

2. Dependencia de tramitación: Secretaría da Corporación. Teléfonos: 981 82 60 50, 981 82 63 04, fax: 981 76 22 57.

3. Descrición do obxecto: xestión dos servicios das instalacións municipais do cámping da Vouga.

4. Lugar de execución: A Vouga, parroquia de Louro.

5. Prazo de concesión: 15 horas.

6. Tramitación: ordinaria.

7. Procedemento: aberto.

8. Forma: concurso.

9. Canon mensual de explotación: 50.000 pesetas/351,51 euros, máis IVE.

10.Garantía provisional: 96.000 ptas./576,97 euros.

11. Data límite de presentación de ofertas: vinteseis días naturais contados desde que se publique este anuncio no BOP da Coruña e no DOG.

12. Documentación esixida: cláusula 11 do prego de condicións.

13. Apertura das ofertas: Casa do Concello de Muros ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación.

Muros, 1 de outubro de 1999.

Celestino Formoso Vidal

Alcalde