Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 08 de novembro de 1999 Páx. 13.103

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se aproba o proxecto de execución do ramal a Aluminios Quintás, promovido pola empresa Enagás, S.A.

Examinado o expediente instruído por instancias da empresa Enagás, S.A., con domicilio para efectos

de notificacións en Avda. de América, nº 38, 28028 Madrid, resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-Con data do 1 de marzo de 1994 a Consellería de Industria e Comercio outorgou a Enagás, S.A. a concesión administrativa para a prestación do servicio público de conducción e subministración de gas natural canalizado para usos industriais en distintos termos municipais da provincia da Coruña, entre os que se atopan Rois e Padrón.

Segundo.-Con data do 25 de marzo de 1999, a referida empresa solicitou, ó amparo do establecido na Lei 10/1987, do 15 de xuño, e no artigo 9 do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles aprobado por Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, a aprobación do proxecto do ramal a Aluminios Quintás, xuntando á dita solicitude o preceptivo proxecto de instalacións, que foi redactado conforme o esixido polo Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos, aprobado por orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974, modificado por ordes do Ministerio de Industria e Enerxía do 26 de outubro de 1983, do 6 de xullo de 1984 e do 9 de marzo de 1994.

As características do trazado, que afecta os termos municipais de Rois e Padrón, son as que se expoñen a continuación:

-Termo municipal de Rois.

Parte da posición I-019 do gasoducto de transporte Vilalba-Tui, de 20'' de diámetro ó seu paso polo termo municipal de Rois nunha zona de bosque.

Discorre en paralelo co citado gasoducto durante todo o seu percorrido polo termo municipal de Rois, a unha distancia de separación de 4 m. Posteriormente cruza un regato, o río Tinto e dous camiños para entrar no municipio de Padrón.

-Termo municipal de Padrón.

Unha vez que entra neste municipio, discorre en paralelo co gasoducto existente de 20'' de diámetro ata chegar á acometida a Aluminios Quintás onde se cruzará o gasoducto.

Durante o trazado crúzanse dúas estradas asfaltadas.

No vértice V-C-019 sae un tramo de 4 m de lonxitude onde se deixa unha válvula de interceptación para futura subministración a Padrón.

A lonxitude total do ramal é de 2.024 m, cun encanamento de 6'' de diámetro.

O orzamento ascende a trinta e catro millóns trescentas setenta e seis mil duascentas corenta e catro pesetas (34.376.244 ptas.).

Terceiro.-Esta dirección xeral someteu a información pública o referido proxecto xunto coa relación de bens e dereitos afectados, mediante Resolución do 5 de abril de 1999, que foi publicada no Diario

Oficial de Galicia do 9 de xuño de 1999, no BOP da Coruña do 29 de maio, no xornal El Correo Gallego do 20 de abril e no taboleiro de anuncios dos concellos de Rois e Padrón.

Cuarto.-Durante o período legalmente establecido non se presentou ningunha alegación ó proxecto.

Quinto.-Así mesmo, solicitouse informe dos organismos e entidades competentes sobre determinados bens públicos e servicios que resultan afectados pola mencionada conducción de gas natural.

Sexto.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial da Coruña.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación coa Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, cos decretos 2913/1973, do 26 de outubro e 1775/1967, do 22 de xuño.

Segundo.-O proxecto cumpre coas esixencias regulamentarias fixadas no citado Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, así como as normas ou regulamentos que as desenvolven, e o Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos aprobado pola orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974.

Terceiro.-Enagás, S.A. procederá igualmente a realiza-los cruzamentos e afeccións a organismos públicos de acordo cos condicionados e informes.

Por todo o anterior, debe accederse ó solicitado pola empresa Enagás, S.A. e, por conseguinte, proceder a aproba-lo proxecto de execución de referencia nos tramos reflectidos no punto segundo dos antecedentes, correspondentes ós termos municipais de Rois e Padrón.

Vistos os preceptos legais citados e os demais de pertinente e xeral aplicación, esta dirección xeral

RESOLVE

Aprobar a Enagás, S.A. o proxecto de execución das instalacións que se recollen no proxecto do ramal a Aluminios Quintás, de acordo coas seguintes condicións:

Primeira.-En todo momento deberase cumprir canto establece o Regulamento xeral de servicio público de gases combustibles, aprobado por Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, e normas que o desenvolven; o Regulamento de redes de combustibles gasosos, aprobado por orde do Ministerio de Indus

tria do 18 de novembro de 1974; e demais normativa e directrices vixentes.

Segunda.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses a partir da data desta resolución.

Terceira.-As instalacións que se autorizan realizaranse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa concesionaria, subscrito polo enxeñeiro Salvador Soler González, cun orzamento de trinta e cuatro millóns trescentas setenta e seis mil duascentas corenta e catro pesetas.

Cuarta.-As características e datos básicos das instalacións que se autorizan son as seguintes:

a) Gas que se vai distribuír: gas natural.

b) Presión de distribución: 16 bar.

c) Rede de distribución:

-O encanamento será de aceiro ó carbono, segundo especificación API 5L grao B.

-Caudal punta horario: 8.000 m(n)/h.

-Diámetros das canalizacións: 6''.

-Lonxitude da rede: 2.024 m.

Quinta.-Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes afectados. Previo ó levantamento da acta de posta en marcha solicitará da empresa distribuidora os ensaios e probas oportunas, así como o certificado de dirección e terminación de obra, asinado por técnico competente e visado polo colexio oficial correspondente, no que conste que a construcción e montaxe das instalacións efectuáronse de acordo co proxecto correspondente, acreditando así mesmo, expresamente, o cumprimento das condicións técnicas e prescricións regulamentarias de aplicación.

Sexta.-Enagás, S.A. deberá inicia-la subministración de gas no prazo dun mes contado a partir da data na que a delegación provincial formalice a acta de posta en marcha.

Sétima.-As instalacións receptoras de gas deberán cumpri-la normativa específica aplicable para a súa posta en servicio.

Oitava.-A autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias de competencia doutros organismos ou entidades públicas, necesarios para realiza-las instalacións aprobadas.

Novena.-A Administración reserva para si o dereito a deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas sinaladas polo artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións estipuladas, pola facilitación de datos

inexactos, pola extinción da concesión da que dimana ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria