Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 08 de novembro de 1999 Páx. 13.091

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 setembro de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-3013; XG-338, Santiago de Compostela-A Graña, con anexos, por substitución da concesión: V-3013; XG-338, entre Amencida e Santiago de Compostela.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, mediante Orde do 24 de xuño de 1999, resolveu outorgar, con carácter definitivo, a Modesto Riveiro Berdullas, a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-3013; XG-338, Santiago de Compostela-A Graña, con anexos, por

substitución da concesión: V-3013; XG-338, entre Amencida e Santiago de Compostela, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

* Santiago de Compostela, Roxos, Bertamiráns, Os Ánxeles, Empalme de Liñares, Liñares, Cruzamento Tembra, Casal, Gronzo, Vilar, Mourentáns, Forxán, Esparís, Pousada, Nináns, Luaña, Amanecida, Ardións, Goiáns, Cornanda e A Graña.

* Pousada e Vilar.

* Luaña, Tourís, Vioxo e Vilar.

* Nináns, Vexo e Luaña.

* Mourentáns e Ons.

2. Prohibicións de tráfico.

* De e entre Santiago de Compostela e empalme de Liñares, puntos intermedios e viceversa.

3. Expedicións.

A Graña-Amanecida-Luaña-Vexo-Nináns-Esparís-Forxán-Mourentáns-Ons-Mourentáns-Vilar-Casal -Bertamiráns-Santiago de Compostela (36,6 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a sábados laborables.

Goiáns-Luaña-Vexo-Nináns-Esparís-Forxán-Mourentáns-Ons-Mourentáns-Vilar-Casal-Bertamiráns -Santiago de Compostela (35,1 km).

* Unha expedición de ida de luns a venres laborables.

Santiago de Compostela-Bertamiráns-Casal-Vilar-Mourentáns-Ons-Mourentáns-Forxán-Esparís-Pousada-Vilar-Vioxo-Luaña-A Graña (52,2 km).

* Unha expedición de ida de luns a venres laborables.

Luaña-Vioxo-Vilar (3,5 km).

* Unha expedición de ida de luns a venres laborables. Esta expedición enlaza en vilar coa expedición A Graña-Santiago de Compostela.

4. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 9,7866 pesetas.

-Tarifa usuario: 10,4717 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,468 pesetas.

Contra o citado acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, computados, ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso non se poderá inter

poñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes