Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 08 de novembro de 1999 Páx. 13.092

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se inicia expediente de substitución de concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.

Ó abeiro do establecido na disposición transitoria segunda da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e do Decreto 302/1988, do 3 de novembro, da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia, iníciase expediente de substitución da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada que a continuación se indica:

* V-3274; XG-366, Ourense-O Barco de Valdeorras, con anexos, da titularidade da empresa Aguas de Incio, S.A.

Para a substitución da citada concesión terase en conta este proxecto e non o sometido a información pública no DOG do 29-9-1992 e no BOE do 25-9-1992.

Os interesados ou afectados neste expediente poderán presentarse no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes de Ourense (r/ Curros Enríquez, 1 entreplanta), efectua-las observacións que consideren oportunas no prazo dun mes contado desde

o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director general de Transportes