Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 08 de novembro de 1999 Páx. 13.091

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (137/1999).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela,

Dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 137/1999, se acordou citar a José Rodríguez Calvo para que o día 17 de novembro, ás 12.45 horas, compareza na sala de audiencia deste xulgado co obxecto de asistir ó xuízo de faltas sinalado para ese día e hora en calidade de denunciado, prevíndoo de que de non o facer recaerán sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito.

E para que conste e lle sirva de citación a José Rodríguez Calvo, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o vinteún de outubro de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado