Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 08 de novembro de 1999 Páx. 13.090

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1999 pola que se fai público o resultado definitivo do proceso de selección para a cobertura temporal de tres prazas do Servicio Central de Prevención de Riscos Laborais do persoal de II.SS. do Servicio Galego de Saúde (convocatoria do 17 de xuño de 1999, DOG do 25 de xuño).

Transcorrido o prazo establecido para a presentación de reclamacións contra a resolución provisional (DOG nº 184, do 22 de setembro de 1999), e de conformidade coa proposta elevada pola comisión de baremación, este centro directivo

ACORDA:

Primeiro.-Confirma-lo acordo de declarar deserta a convocatoria para a área de médico especialista en medicina no traballo.

Segundo.-Elevar a definitiva a lista de aspirantes seleccionados nas áreas de técnico en hixiene no traballo e técnico en seguridade no traballo, coas puntuacións e a orde de prelación obtida, proposta pola comisión de baremación e, por tanto, selecciona-los seguintes aspirantes:

-Praza de técnico en hixiene no traballo: Mª Luisa González Mosteyrín.

-Praza de técnico en seguridade no traballo: José Rogelio Indalecio Godoy Trillo.

Contra esta resolución poderase interpor recurso ordinario ante este centro directivo no prazo dun mes a partir da data seguinte á da súa publicación, nos termos establecidos nos artigos 114 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 1999.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

do Servicio Galego de Saúde