Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 08 de novembro de 1999 Páx. 13.090

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 21 de outubro de 1999 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, mediante Orde do 15 de setembro de 1999 (DOG nº 187, do 27), de conformidade co establecido na base sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se relaciona no anexo desta orde.

Segundo.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicio, ou dun mes, se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no número anterior, a correspondente dilixencia de cesamento e toma de posesión, da que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición perante este mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 1999.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo

ANEXO

Apelidos e nome: Loureiro Loureiro, Mª Carmen.

NRP ou DNI: 52.471.561.24 A1622.

Grupo: D.

Corpo ou escala: xeral.

Posto de traballo: secretaria do director xeral de Promoción Cultural.

Cód. posto: CUC030000015770001.

Nivel: 18.

Dependencia: Dirección Xeral de Promoción Cultural.

Localidade: Santiago de Compostela.