Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 05 de novembro de 1999 Páx. 13.039

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA

ANUNCIO para a contratación de obras.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Ribeira.

Dependencia tramitadora: Oficina de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

Denominación do proxecto: beirarrúas na Rúa da Gabaceira (Carreira).

Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento.

Prezo base de licitación: 5.872.392 pesetas (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisional: 117.448 pesetas.

Definitiva: 234.896 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Ribeira.

Domicilio: praza do Concello, nº 1, Ribeira (A Coruña), C.P. 15960.

Teléfono: 981 83 54 17.

Data límite: ata o día de finalización do prazo para presenta-las ofertas.

7. Requisitos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da última publicación do anuncio de lici

tación no BOP da Coruña ou no DOG en horario das 9 ás 13.30 horas. No caso de que coincida en sábado o día de finalización do prazo, este quedará prorrogado automaticamente para o seguinte día hábil.

Lugar: rexistro xeral do Concello de Ribeira.

Modelo de proposición: véxase o anexo II do prego de condicións.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

9. Apertura das ofertas.

Lugar: Casa do Concello de Ribeira.

Data e hora: o día hábil seguinte ó do remate do prazo da presentación de ofertas, ás 12 horas. No caso de que coincida en sábado, terá lugar o seguinte día hábil.

10. Gastos.

Os derivados da publicación dos anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Ribeira, 29 de outubro de 1999.

O alcalde

Rubricado