Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 05 de novembro de 1999 Páx. 13.040

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 1999 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: este contrato ten por obxecto a adquisición de dous vehículos de representación destinados ó Concello de Santiago de Compostela, coas seguintes características:

Lote 1.

Potencia máxima: non inferior a 150 CV.

Lonxitude mínima: 4.70 m.

Largura mínima (excluídos espellos): 1.79 m.

Motor: gasolina súper sen chumbo.

Lote 2.

Potencia máxima: non inferior a 110 CV.

Lonxitude mínima: 4.44 m.

Largura mínima (excluídos espellos): 1.72 m.

Motor: gasolina súper sen chumbo.

Tipo de licitación.

Lote 1: 6.000.000 de ptas., IVE, matriculación e transporte incluídos.

Lote 2: 4.000.000 de ptas., IVE, matriculación e transporte incluídos.

Financiamento: o gasto financiarase do seguinte modo: 3.000.000 de ptas. con cargo á partida orzamentaria número 22262400/1999, dos que 1.800.000 ptas. corresponderán ó lote 1,

1.200.000 ptas. ó lote 2 e a cantidade restante con cargo ó orzamento do ano 2000.

Prazo de execución: o prazo de entrega dos bens será dun mes.

Forma de adxudicación: concurso con procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela en horas das 9 ás 14 dentro do prazo de vinteseis días naturais, que comezará a contarse e se entenderá aberto desde o día seguinte ó da data da última das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Documentación: información e documentación no Concello de Santiago de Compostela (Departamento de Contratación-Servicios). Teléfono: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os que se sinalan no prego de condicións.

Garantías: definitiva, 4% do tipo de licitación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello (Secretaría) ás 12 horas, o quinto día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposición:

D/Dª... con domicilio en... rúa... nº... Teléfono... con DNI (ou pasaporte ou documento que os substitúa) nº... actuando en nome propio (ou en representación de... ) DNI ou CIF nº... e domicilio en... toma parte no concurso convocado polo Concello de Santiago de Compostela para a subministración... e fai constar que:...

a) Ofrezo o prezo de... (en letras e números)... o que supón unha baixa de... (en letras e números) ptas., con respecto ó tipo de licitación.

b) Coñezo e acepto os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexe a licitación.

c) Que me comprometo a cumprir tódalas disposicións legais en materia de contratación laboral, Seguridad Social e protección da industria nacional.

En... o... de... de 1999.

O/A licitador/a

Asinado e rubricado

Neste contrato enténdese que os contratistas, ó formularen as súas propostas económicas, incluíron o importe do IVE.

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do concello, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 1999.

O alcalde

Rubricado