Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 05 de novembro de 1999 Páx. 13.039

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (225/1999).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión do día 14 de outubro de 1999, adoptou, entre outros, o seguinde acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de compensación da zona 13 B1 do SU-10 do PXOU de Ourense, por instancia de José Quintairos Gulín en representación de Aurita Calviño Fernández e outros.

De conformidade co disposto no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo de vinte días, que empezará a contar a partir do día seguinte á última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 22 de outubro de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde