Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 05 de novembro de 1999 Páx. 13.037

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

PREGO de cláusulas administrativas particulares que rexerán o concurso tramitado, por procedemento aberto, para adxudicar, mediante concesión, a xestión indirecta do servicio público praza de Abastos número 1 de Ourense.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Concellería de Comercio.

2. Obxecto do contrato de concesión.

a) Descrición do obxecto: o obxecto do contrato de concesión da xestión indirecta do servicio público praza de Abastos nº 1 de Ourense e do dominio público, integrado polos postos e as casetas da praza de abastos, denominado de Rianxo, conforme o proxecto de explotación aprobado polo Concello de Ourense.

b) Lugar de execución: praza de Abastos nº 1 de Ourense.

c) Prazo de execución: a concesión outorgarase polo prazo de vintecinco anos, que se contarán desde a data de notificación de adxudicación do concurso, prorrogables, en períodos de cinco anos, ata un máximo total de cincocentos anos de prazo concesional.

3. Procedemento e forma de adxudicación da concesión.

O contrato de concesión adxudicarase polo procedemento aberto e concurso público e rexerase polo presente prego de cláusulas administrativas particulares e pola Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións publicas, a Lei 9/1996, de xaneiro, a Lei 11/1997, do 22 de xullo, do Parlamento de Galicia de Administración local de Galicia, o R.D. 390/1996, do 1 de marzo, e en canto non estea derrogado polo Regulamento de servicios das corporacións locais aprobado polo Decreto do 17 de xullo de 1995.

4. Canon.

O canon que o concesionario satisfará anualmente ó concello será de catro millóns trescentas cincuenta mil (4.350.000), con incremento anual acorde co IPC, podendo os licitadores ofrecer maior canon na proposición.

5. Garantía provisional.

Para tomar parte no concurso, os licitadores deberán prestar unha garantía provisional de duascentas cincuenta mil (250.000) pesetas en calquera das formas previstas no artigo 36 da LCAP.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Ourense-Concellería de Comercio.

b) Domicilio: Arcediagos nº 3-2º Dta.

c) Localidade e código postal: Ourense 32005.

d) Teléfono: 988 38 81 10.

e) Telefax: 988 24 95 61.

f) Data límite de obtención de documentos e información: 26 días naturais seguintes á publicación do anuncio no BOP.

7. Requisitos específicos do contratista.

Non se esixen.

8. Presentación de ofertas.

a) As proposicións presentaranse no rexistro xeral do Concello de Ourense en man, das 9 ás 14 horas, durante os 26 días naturais seguintes á publicación do anuncio no BOP.

Tamén se poderán presentar proposicións por correo; neste caso, o interesado deberá acreditar, co resgardo correspondente, a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar o mesmo día ó órgano de contratación, por fax ou telegrama a remisión da proposición. Sen estes requisitos non será admitida a proposición no caso de que se recibira fóra do prazo fixado no anuncio de licitación.

Non obstante, transcorridos dez (10) días desde o remate do prazo de presentación, non se admitirá ningunha proposición enviada por correo. O rexistro acreditará a recepción do referido fax ou telegrama con indicación do día da súa expedición e recepción.

b) Os licitadores só poderán presentar unha proposición.

c) As proposicións presentaranse nun sobre pechado no que figurará a inscrición proposición para tomar parte no concurso convocado polo Concello de Ourense para contratar, en réxime de concesión administrativa, a xestión do servicio praza de Abastos nº 1 de Ourense. Dentro deste sobre maior haberá outros dous sobres pechados denominados A e B cun subtítulo, e en cada un farase consta-lo contido, na forma que se indicará:

a) O sobre A subtítulase documentación acreditativa da personalidade e características do contratista e garantía depositada, e conterá os seguintes documentos:

-Fotocopia compulsada do DNI.

-Escritura de constitución da sociedade mercantil inscrita no Rexistro Mercantil e número identificación fiscal cando concorra nunha sociedade desta natureza.

-As empresas nacionais de estados membros da Comunidade Europea acreditarán a súa inscrición nun rexistro comercial ou profesional, cando este requisito sexa esixido pola lexislación do estado respectivo. Os demais empresarios estranxeiros deberán acredita-la súa capacidade de obrar con certificación expedida pola Embaixada de España no estado correspondente e na que conste a súa declaración de se someteren á xurisdicción dos xuíces e tribunais españois, de calquera orde, para tódalas incidencias que, de modo directo ou indirecto, puidesen xurdir do contrato, con renuncia expresa, de se-lo caso, ó foro xurisdiccional e estranxeiro que lle puidera corresponder ó solicitante.

-Escritura de poder, verificada na súa suficiencia e legalizada, se é o caso, se actúa en representación doutra persoa.

-Os documentos que xustifiquen a solvencia económica, financeira e técnica do licitador.

-No caso de concorreren á licitación varias empresas que constitúan unha unión temporal, cada unha delas deberá acredita-la súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben a proposición, a participación de cada unha delas, designando a persoa entidade que, durante a vixencia do contrato, desempeñará a representación da unión diante da Administración.

-Declaración responsable diante de notario, autoridade xudicial ou administrativa, de non estar incurso en prohibicións de contratar, conforme os artigos 15 ó 20 da LCAP.

-Resgardo acreditativo da constitución da garantía provisional.

-Certificación administrativa expedida polo órgano competente, acreditativa de que a empresa se atopa ó día das súa obrigas tributarias e das súas obrigas coa Seguridade Social.

b) O sobre B subtitularase oferta económica e modificacións ó obxecto do contrato e conterá a proposición conforme o seguinte modelo:

D/Dna..., con enderezo en... municipio de... código postal... e DNI... expedido en... con data... en nome propio (ou en representación de... como acreditativo por...) informado do expediente de contratación ordinaria e da convocatoria para a adxudicación polo procedemento aberto, mediante a forma de concurso, da xestión do servicio praza de Abastos nº 1 de Ourense, anunciada no BOP de Ourense número... data do..., tomo parte nela comprometéndome a xestiona-lo servicio na forma e conforme o Regulamento de mercados e prazas de abastos, o proxecto do servicio, a ordenanza reguladora das tarifas de mercados e o prego de cláusulas administrativas particulares cos criterios, melloras e solucións que expoño a continuación, declarando non estar incurso nos supostos de incapacidade ou incompatibilidade establecidos no artigo 20 da LCAP.

-Programa e calendario de presentación do servicio.

-Tarifas máximas aplicables.

-Canon.

-Prazo de concesión.

9. Apertura de plicas.

Lugar: Concello de Ourense.

Enderezo: Arcediagos nº 3-2º Dta.

Data: sobre A-o día seguinte ó do remate do prazo.

Sobre B-quinto día seguinte ó do remate do prazo.

Hora: 12 horas.

10. Gastos.

Serán por conta do contratista seleccionado os seguintes gastos:

-Os do anuncio que xere o concurso e os preparatorios e de formalización do contrato

-Tódolos tributos que se deriven do contrato.

Ourense, 14 de outubro de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente