Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 05 de novembro de 1999 Páx. 13.037

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO (202/1999).

De conformidade co disposto no artigo 79 da Lei de contratos das administracións públicas anúnciase

concurso, polo procedemento aberto e tramitación declarada de urxencia, para a adxudicación polo Concello de Marín da obra de saneamento e abastecemento da rúa Recaman, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto: a execución das obras de saneamento e abastecemento da rúa Recaman.

2. Duración do contrato: catro meses (4).

3. Tipo de licitación: 11.979.264 ptas., (IVE incluído).

4. Garantías: a provisional que alcanzará o 2% do tipo de licitación e a definitiva polo 4% do importe da adxudicación.

5. Prazo e presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do Concello de Marín, en horas das 9 ás 14 horas, agás o sábado que será das 9 ás 13 horas, durante o prazo de trece días naturais (13), contados desde o día da publicación deste anuncio no BOP e no DOG (terase en conta para estes efectos a derradeira publicación en calquera destos dous diarios oficiais).

6. Publicidade do expediente: a documentación necesaria e as demais condicións deste concurso figuran no correspondente prego de condicións que se atopa á disposición dos interesados na secretaría do concello apra o seu exame.

7. Apertura de proposicións: o sobre B, que conterá a proposición económica, abrirase na Sala de Comisión de Goberno do Concello de Marín, ás 12 horas do segundo día hábil a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións. De coincidir en sábado terá lugar o seguinte día hábil.

Marín, 21 de outubro de 1999.

Antonio Santiago Fernández

Alcalde