Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 05 de novembro de 1999 Páx. 13.036

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 1999, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área de Ferrol), pola que se anuncia o concurso público 5/1999 (2 lotes), por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a adquisición de aparellos e dispositivos.

A Dirección Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área de Ferrol), en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Obxecto e orzamento: adquisición de aparatos e dispositivos.

C.P. 5/1999.

Lote 1.

Denominación: 4 electrocardiógrafos de 3 canles.

Importe: 2.000.000 de ptas.

Lote 2.

Denominación: 2 electrocardiógrafos de 12 canles.

Importe: 1.500.000 ptas.

Total: 3.500.000 ptas.

No dito importe inclúese o IVE.

Prazo de execución: ver prego de prescricións técnicas.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden solicitarse na Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (Departamento de Subministracións), polígono da Gándara, parcela 35, 15407 Ferrol, de luns a venres das 9 ás 14 horas.

Fianzas.

a) Provisional: o 2% do importe de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Definitiva: o 4% do importe de licitación.

Solvencia técnica: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia económica: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: admítense variantes.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (Ambulatorio Fontenla Maristany), praza de España 19-20 Ferrol, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 9.2 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Ambulatorio Fontenla Maristany de Ferrol, ás 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentos que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a adxudicación realizarase tendo en conta os seguintes criterios:

1º Prezo: 5.

2º Calidade: 3.

3º Servicio: 2.

Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Ferrol, 19 de outubro de 1999.

Luis Verde Remeseiro

Director xerente de Atención Primaria

da Coruña-Ferrol