Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 05 de novembro de 1999 Páx. 13.035

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1999, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área da Coruña), pola que se anuncia concurso público aberto e tramitación urxente para a subministración de aparellos e dispositivos. (C.P. 5/1999).

O director xerente de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e unha vez cumpridos os trámites

administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Obxecto: subministración de aparellos e dispositivos.

Os licitadores poderán concorrer a un ou á totalidade dos lotes en que se divide o obxecto da subministración.

Orzamento: 8.600.000 ptas. (IVE incluído) (51.687,04 euros).

Garantía provisional: 172.000 ptas. (1.033,74 euros).

Lote 1: electrocardiógrafos de 3 canles.

Orzamento: 5.000.000 de ptas. (30.050,60 euros).

Garantía provisional: 100.000 ptas. (601,01 euros).

Lote 2: electrocardiógrafos de 12 canles.

Orzamento: 1.500.000 ptas. (9.015,18 euros).

Garantía provisional: 30.000 ptas. (180,30 euros).

Lote 3: desfibriladores.

Orzamento: 2.100.000 ptas. (12.621,25 euros).

Garantía provisional: 42.000 ptas. (252,42 euros).

Forma de adxudicación: concurso público polo procedemento aberto e trámite urxente.

Prazo de entrega: único.

Admisión de variantes: admítense e débense especificar brevemente e de maneira clara cáles son, ó xuízo da empresa licitadora, as súas vantaxes. En ningún caso se admitirán variantes por debaixo das condicións mínimas que se esixen no prego das prescricións técnicas.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a adxudicación realizarase tendo en conta os criterios que a continuación se especifican:

1º Prezo: 5.

2º Calidade: 3.

3º Servicio: 2.

Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Departamento de Subministración da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, r/ Pasteur, nº 22 (polígono da Grela), 15008 A Coruña. Tlfno.: 981 25 14 50, fax: 981 25 16 66, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, r/ Xeneral Sir John Moore, nº 2, planta terceira, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 9.2 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación reunida para tal efecto, en acto público, na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, sita na Coruña, na rúa Xeneral Sir John Moore, nº 2, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar ó seguinte día hábil.

Documentación que terán que achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios deste concurso será por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 15 de outubro de 1999.

Luis Verde Remeseiro

Director xerente de Atención Primaria

da Coruña-Ferrol