Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 05 de novembro de 1999 Páx. 13.034

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de outubro do 1999, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a subministración de ordenadores persoais e impresoras láser. (C.P. 132/1999).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, artigo 7 letra i, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, télex e telefax do órgano de contratación: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, planta terceira do hotel de pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña. Teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.

2. a) Modalidade da adxudicación elixida: aberta.

b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concurso.

3. a) Lugar de entrega: Hospital Juan Canalejo (A Coruña).

b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: número da referencia da CPA (clasificación estatística dos productos por actividades): subministración de ordenadores persoais e impresoras láser.

Orzamento total: 60.000.000 de ptas. (IVE incluído) (360.607,26 euros) (IVE incluído).

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas: o concurso repártese en 2 lotes, que poden ser obxecto de licitación e adxudicación separadamente:

Lote 1: ordenadores persoais (190 Uds.): 57.000.000 de ptas. (342.576,90 euros).

Lote 2: impresoras láser (46 Uds.): 3.000.000 de ptas. (18.030,36 euros).

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: ós 15 días da sinatura do contrato.

5. a) Nome e enderezo do servicio onde poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios: Servicio de Contratación do Hospital Juan Canalejo, sito na 3ª planta do edificio anexo do hotel de pacientes.

b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 30 de novembro de 1999.

c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: ningún.

6. a) Data límite de recepción das propostas: 7 de decembro de 1999.

b) Enderezo ó que deben enviarse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, planta baixa do Hospital Juan Canalejo. As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: galego ou castelán.

7. a) Persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, planta baixa do hotel de pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do último día de recepción de propostas; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

8. Garantías esixidas: provisional do 2% do orzamento de licitación de cada lote. Definitiva do 4% do orzamento de licitación de cada lote.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias a textos que as regulan: aboamentos en conta mediante transferencia, con periodicidade mensual.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión das empresas adxudicatarias da contratación: unión temporal das empresas.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reuni-lo provedor: ver cláusula 7.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se empregan para a adxudicación do contrato.

Criterios de adxudicación.

Descrición concepto% de ponderación

Oferta tecnolóxica40%

Condicións de asistencia técnica20%

Oferta económica40%

Total puntuación: 100%

14. Se é o caso, prohibición das variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

15. Información complementaria: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo.

16. Data de publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación:

17. Data de envío do anuncio: 14 de outubro de 1999.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

A Coruña, 11 de outubro de 1999.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña