Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 05 de novembro de 1999 Páx. 13.022

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle autoriza a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica á empresa Elaboradora de Cefalópodos, S.A., no municipio de Bergondo (A Coruña), e se inclúe a mesma no réxime especial de producción de enerxía eléctrica. (Expediente 98/932).

Examinado o expediente instruído por instancia da empresa Elaboradora de Cefalópodos, S.A., con enderezo para efectos de notificacións no polígono industrial de Bergondo (A Coruña), resultan os seguintes

Antecedentes de hecho.

Primeiro.-Con data 11 de decembro de 1998, a citada empresa solicitou o recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica creado polo R.D. 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, derrogado polo R.D. 2818/1998, 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración, actualmente vixente.

Segundo.-Con data 18 de febreiro de 1999, a empresa Elaboradora de Cefalópodos, S.A. solicitou a autorización administrativa da citada planta de coxeración.

Terceiro.-As características básicas da planta de coxeración prevista serán as seguintes:

-Un motor de combustión interna de 12 cilindros en V, alimentado con gasóleo e cunha potencia de 1.163,5 kW.

-Un xerador de 1.300 kVA de potencia, factor de potencia 0,85 e tensión de xeración 0,4 kV.

-Instalacións de almacenamento de combustible, conexión, protección, mando, sinalización e medida.

Cuarto.-De conformidade co establecido no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña dictou Resolución do 22 de febreiro de 1999 pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación de referencia, que se publicou no DOG do 1 de marzo e no BOP da Coruña de 1 de marzo, sen que se presentase no período legalmente establecido para iso alegación ningunha.

Quinto.-O proxecto está informado favorablemente pola Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña e cumpre coas esixencias regulamentarias fixadas no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e coas demais que lle son de aplicación.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citados.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

-Autoriza-la instalación dunha planta de coxeración á empresa Elaboradora de cefalópodos, S.A., que se vai situar nas súas instalacións do termo municipal de Bergondo, na provincia da Coruña.

-Recoñecer á planta de coxeración autorizada a condición de instalación acollida ó réxime especial do R.D. 2818/1998, e incluíla no grupo a.1 do artigo 2 de dito real decreto.

Calquera modificación das instalacións autorizadas requirirá unha nova solicitude de autorización administrativa, de acordo co indicado no artigo 17.4º do Real decreto 1775/1967, do 22 de xullo, que fixa o réxime de instalación, ampliación e traslado das industrias en xeral.

O promotor presentará ante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, no prazo dun ano contado a partir da data de publicación no DOG da presente resolución, o

proxecto de execución da planta de coxeración autorizada, o cal conterá os datos e condicións técnicas para a realización das instalacións de conexión da central á rede, que serán facilitados pola empresa que distribúa enerxía eléctrica na zona, así coma o punto de interconexión.

Así mesmo, a instalación interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no plazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 1999.

Joaquín do Moral Crespo

Director xeral de Industria