Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 05 de novembro de 1999 Páx. 13.021

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e adxudicación por poxa, da obra que se cita.

Título do proxecto: RC-LU-99.14. Mellora de intersección en p.k. 15+600 da C-641 de Rábade a Ferrol por Vilalba.

Orzamento: 11.759.500.

Clasificación: grupo G, Sub. 4, Cat. e.

O prego de cláusulas administrativas particulares así como o correspondente proxecto da obra que se relaciona e os demais documentos de interese para os licitadores estarán á disposición destes na Dele

gación Provincial de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, na Ronda da Muralla, 70. Edificio Multiusos (Lugo).

Esixirase a fianza provisional do 2% salvo no disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, de contratos das administraccións públicas e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As proposicións deberán dirixirse en sobres pechados ó rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Lugo, ben persoalmente ou ben enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado corforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado nin festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio.

Así mesmo, a apertura de proposicións, que será pública, realizarase na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Lugo, ás once horas do sexto día que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

Os documentos que deben presenta-los licitadores son os que figuran no prego de cláusulas administrativas; a suficiencia económica deberá xustificarse de acordo co previsto no artigo 16 da Lei 13/1995 (administracións públicas). O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Lugo, 27 de outubro de 1999.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo