Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 05 de novembro de 1999 Páx. 13.018

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (206/1999).

Eu, Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada-xuíza de Primeira Instancia e Instrucción número

catro de Santiago de Compostela, fago saber que no dito xulgado e co número 206/1999 se tramita procedemento xudicial sumario ó abeiro do artigo 131 da Lei hipotecaria, por instancia do Banco Pastor, S.A., contra Manuel José Castro Calvo en reclamación de crédito hipotecario, no que por resolución desta data se acordou sacar a poxa pública por primeira vez e termo de vinte días os bens que logo se dirán, sinalándose para que o acto de remate teña lugar na sala de audiencia deste xulgado o día 13 de decembro de 1999, ás 13 horas, coas prevencións seguintes.

Primeiro: que non se admitirán ofertas que non cubran o tipo da poxa.

Segundo: que os licitadores para tomaren parte na poxa, deberán consignar previamente na conta deste xulgado no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., nº 1591-00-18-0206-99, unha cantidade igual, polo menos, ó vinte por cento do valor dos bens que sirva de tipo, facéndose consta-lo número e ano do procedemento, requisito sen o cal non serán admitidos, e non se aceptará entrega de cartos en metálico ou cheques no xulgado.

Terceiro: poderán participar coa calidade de cedérlle-lo remate a terceiros.

Cuarto: en tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa realización, se poderán facer ofertas por escrito en prego cerrado, facendo o depósito a que se fixo referencia anteriormente.

Quinto: os autos e a certificación do rexistro a que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria están de manifesto na secretaría do xulgado, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación existente, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes -se os houber- ó crédito do demandante, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que non houber ofertantes na primeira poxa, sinálase para a realización da segunda o día 13 de xaneiro do 2000 ás 13, servindo de tipo o 75% do sinalado para a primeira poxa, sendo de aplicación as demais prevencións da primeira.

Igualmente e para o caso de que tampouco houber licitadores na segunda poxa, sinálase para a realización dunha terceira o día 14 de febreiro do 2000 ás 13 horas, a cal se realizará sen suxeición a tipo, debendo consignar quen desexe tomar parte nela o 20% do tipo que serviu de base para a segunda. Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non puidese realizarse a poxa no día e hora sinalados, entenderase que se celebrará o seguinte día hábil, á mesma hora, exceptuando os sábados.

Este edicto servirá de notificación ó/s debedor/es para o caso de non se poder levar a efecto no predio ou predio poxados.

Bens que se sacan a poxa.

Rustica: predio número corenta e tres do plano xeral da zona de concentración parcelaria de Baamonde, terreo dedicado a prado, pasto e labradío no sitio de Pombal, concello de Teo.

Descrición rexistral: predio número 7352, libro 84, tomo 377, folio 101, hipoteca inscrición 3ª do Rexistro de Padrón.

Tipo de poxa: tres millóns seiscentas oitenta e unha mil pesetas.

Dado en Santiago de Compostela, catorce de outubro de mil novecentos noventa e nove.

A maxistrada-xuíza

Rubricado

O/a secretario/a

Rubricado