Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 05 de novembro de 1999 Páx. 13.018

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE PADRÓN

EDICTO (46/1999).

Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón e o seu partido, fai saber que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de liquidación de gananciais nº 46/1999, nos que recaeu auto que, no encabezamento e parte dispositiva, di así:

En Padrón o 4 de outubro de 1999. Proposta que formula o secretario deste xulgado Luis Fernández-Arias González, nos presentes autos de liquidación de gananciais nº 46/1999: con data do 14 de decembro de 1999 dictouse providencia citando as partes para formación do inventario en execución da sentencia dictada no xuízo de separación que co nº 46/1999 se seguiu neste xulgado.

Tendo comparecido na data fixada soamente a parte demandante, despois dos trámites oportunos, practicou o contador partidor designado, Lorenzo Vázquez, o correspondente caderno particional co informe de valoración do perito Santiago Alonso Barral, de data do 24 de maio de 1999, o que se puxo de manifesto ás partes por termo de oito días, deixando transcorre-lo prazo concedido sen formular alegacións.

Propoño a S.Sª: que procede aprobar e aprobo as operacións particionais dos bens dos cónxuxes Vicente Viqueira Vilas e María Luisa Leboráns Barreiro, practicadas na execución da sentencia de data do 17 de xaneiro de 1991.

Firme que sexa esta resolución, expídase testemuño dela, que, xunto co caderno particional deberán ser entregadas ó executante para que coide da súa protocolización ante o notario que corresponda.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Constando en ignorado paradoiro o executado Vicente Viqueira, notifíqueselle a este esta resolución mediante a publicación de edictos no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do xulgado.

E para a súa publicidade e que sirva de notificación ó demandado, non comparecido, Vicente Viqueira Vilas, expido o presente edicto en Padrón o catro de outubro de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado