Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 05 de novembro de 1999 Páx. 13.019

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1999, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fai pública a adxudicación do procedemento negociado sen publicidade, para a contratación das obras do proxecto complementario dun edifico para o IGE e outro para o Igape, Santiago de Compostela.

En cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995 de 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de obra:

1. Entidade adxudicadora.

A) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

B) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

C) Nº de expediente: 15/1999.

2. Obxecto do contrato.

A) Tipo de contrato: obra.

B) Descrición do obxecto: complementario dun edificio para o IGE (lote I) e outro para o Igape (lote II).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

A) Tramitación: ordinaria.

B) Procedemento: negociado sen publicidade.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: Lote I: 36.926.903 ptas. ou 221.935,16 euros. (IVE incluído).

Lote II: 66.206.904 ptas. ou 397.911,51 euros. (IVE incluído).

5. Adxudicación.

A) Data: 8 de outubro de 1999.

B) Contratista: Tecnología de la Construcción, S.A.

C) Nacionalidade: española.

D) Importe de adxudicación:

Lote I: 36.926.903 ptas. ou 221.935,16 euros. (IVE incluído).

Lote II: 66.206.904 ptas. ou 397.911,51 euros. (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda