Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 04 de novembro de 1999 Páx. 12.968

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 13 de outubro de 1999, aprobou inicialmente o estudio de detalle da parcela A Granxa en San Marcos, promovido por Rosalía Viña Guiance.

O ámbito obxecto de ordenación abrangue unha superficie de 3.210,50 m, cualificada como Ordenanza 12 e está comprendido entre os seguintes lindeiros.

Norte: zona excluída de concentración e estrada de Santiago de Compostela a Lugo.

Sur: parcela segregada número 14, porción que resta do predio matriz e María Pérez Freire.

Leste: José Pérez Freire e Francisco Tarrío Dono.

Oeste: parcela segregada número 14 e zona excluída.

En cumprimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun periódico de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que consideren oportunas.

A aprobación inicial do estudio de detalle determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da LSG, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto de ordenación para tódolos usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada.

Este anuncio servirá de edicto de notificación, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a todos aqueles que, por seren descoñecidos ou ignorarse o seu paradoiro, non poidan ser notificados persoalmente, e que a seguir se relacionan:

-María Pérez Freire.

-José Pérez Freire.

-Francisco Tarrío Dono.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 1999.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde