Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 04 de novembro de 1999 Páx. 12.968

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de contrato de obras.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto: execución das obras de accesos peonís e preparación das zonas verdes no parque periurbano do Rato-Fervedoira (obras complementarias ás do ramal de enlace da estrada-630 coa N-VI Tolda de Castela).

3. Orzamento: 27.000.000 de pesetas.

4. Prazo de execución: 6 meses.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería da Deputación Provincial.

6. Información: Servicio de Plans Provinciais e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

7. Presentación das ofertas: trece (13) días naturais, contados a partir do seguinte á publicación do presente extracto no Diario Oficial de Galicia.

8. Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

9. Lugar de presentación: rexistro xeral da Deputación Provincial de Lugo, de 10 a 14 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

11. O texto íntegro do presente anuncio figura publicado no BOP número 247, do 27 de outubro de 1999.

Lugo, 27 de outubro de 1999.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo