Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 04 de novembro de 1999 Páx. 12.967

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello, na sesión do 13 outubro de 1999, aprobou inicialmente a modificación do proxecto de urbanización da unidade de actuación número 19 (UA-19) no Campo de Santa Marta, promovida pola Inmobiliaria Domínguez Vázquez, S.A.

O ámbito da urbanización está comprendido entre os seguintes lindeiros.

Norte: camiño que vai desde a rúa Escultor Ferreiro ata o Campo de Santa Marta.

Sur: CN-550 e edificio número 1 da rúa do Campo de Santa Marta.

Leste: rúa do Campo de Santa Marta e edificio número 1 da rúa do Campo de Santa Marta.

Oeste: rúa do Campo de Agra.

O expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguin

te ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o citado prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 1999.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde